lunes, 1 de septiembre de 2008

Verdegaio viaxou a California (EUA) para difundir a música tradicional galega
















Alexandre Cadarso e Xabier Blanco estiveron de novo en Lark Camp (California,EUA) ensinando música galega. Neste campamento de músicas do mundo ubicado nun extenso bosque de secuoias ao norte de California, no que se reunen cada ano centos de afeccionados ás músicas tradicionais, xa hai a lo menos quince gaiteiros e outros tanto acordeoneiros que tocan música galega. Alexandre impartiu clases de gaita, percusión e baile galego e Xabier de acordeón diatónico. Asimesmo disfrutaron dunha pequena xira de concertos nos que destacan os levados a cabo no Carpenter Hall de Ashland (Oregon) e na coñecida sala La Peña de Berkeley (California), todos eles con un unha gran afluencia de público que disfrutou dun reperorio moi significativo da música tradicional galega. Nos concertos, Verdegaio estivo acompañado polo recoñecido músico californiano Kevin Carr.